Skip to main content

Os montes de Santiago

No caso de Santiago a importancia dos montes remóntase á propia xénese da cidade, rodeada de sete montes. A relación entre a cidade e os montes e os montes entre eles é clave para o entendemento da cidade. Co paso do tempo e a transformación dos equipamentos e infraestructuras, case todos eles se viron moi transformados, o Monte do Gozo, O Monte do Viso e O Monte Gaiás formaban o perfil característico da cidade e dende eles a visión do pico Sacro é clave como entendemento do horizonte e da simboloxía da paisaxe.

Rompeuse o espazo de andar entre eles, pero segue habendo un posible tecido para a súa conexión.

Pódese potenciar un roteiro que conecte as torres do Gaiás co Monte Viso e o Monte do Gozo que é tamén unha forma de conectar dous camiños o camiño da prata co camiño francés.

Ir al contenido