Skip to main content

A arquitectura do monte

O manexo do monte tamén implicaba a construcción de elementos que facilitaban o seu control e percorridos. Os camiños, as corredoiras como espazos do andar, os foxos do lobo, para controlar a poboación deste animal hoxe case desaparecido na mayoría dos montes, as albarizas para asegurar a producción de mel e garantir a biodiversidade, e tamén o aproveitamento enerxético a través dos muiños de vento cunha escala adecuada e integrándose na paisaxe. O material, a pedra sacábase do mesmo lugar.

Outros moitos mecanismos paisaxísticos e arquitectónicos tamén se aplicaron sobre estas topografías para poder cultivar, como os socalcos. Tampouco podemos esquecer a arquitectura da auga, as fontes que manan dos montes, as canles, os pozos e as estruturas de rega.

Ir al contenido